Home Deportes O lucense Álex Santomé é novo porteiro do C.F. Talavera

O lucense Álex Santomé é novo porteiro do C.F. Talavera

0
O lucense Álex Santomé é novo porteiro do C.F. Talavera
Álex Santomé, xogando contra o Barça no Camp Nou en Copa. Foto de LaLiga.es

O porteiro lucense Álex Santomé é novo gardameta do C.F. Talavera cedido por unha tempada procedente do Real Murcia C.F.

O vilabés, de 20 anos, xogará no sétimo clasificado do primeiro grupo de Segunda División B na pasada tempada. 

Santomé xogou un partido de Liga de Segunda B e cinco de Copa co Real Murcia, entre eles os dous de dieciseisavos de final contra o Barça. Na campaña previa, competiu en trece partidos de Liga de Segunda B e un de Copa coa U.D. San Sebastián de las Reyes.

Foi internacional sub 16, sub 17 e sub 18 coa selección española. Formouse na canteira do Atlético de Madrid entre 2009 e 2016 sendo campión de Liga e Copa na derradeira tempada. Previamente, xogou no Lugo Fuenlabrada.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here