InicioDeportesMonforte de Lemos será o escenario da final de Preferente

Monforte de Lemos será o escenario da final de Preferente

O Club Deportivo Lugo B loitará polo campionato absoluto de Preferente contra a U.D. Ourense, campión de Preferente Sur

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo B loitará polo campionato absoluto de Preferente contra a U.D. Ourense, campión de Preferente Sur, no campo de A Pinguela de Monforte Lemos este sábado 9 de xuño dende as 18 horas. A final disputarase a partido único nunha categoría organizada pola Real Federación Galega de Fútbol (FGF), que elixiu unha sede situada xeográficamente entre Lugo e Ourense para fomentar a viaxe das expedicións dos equipos e afeccionados. As entradas serán de balde. 

Os albivermellos, campións de Preferente Norte, ascenderon a Terceira División na penúltima xornada de liga no grupo Preferente Norte despois de vencer 1-2 en Outeiro de Rei ao equipo local.

Por outra banda, o Club Deportivo Lugo B foi eliminado da Copa Deputación de Lugo de Preferente e Primeira Galicia ao caer en penaltis contra o Viveiro C.F. no estadio de Cantarrana, en Viveiro, despois de rematar 0-0 no tempo regulamentario. O filial lucense foi campión na pasada edición gañando 2-0 na final á SD Monterroso en partido disputado en Viveiro.

Foto de cdlugo.com

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...

Lugo prepara unha Unidade de Atención Temperá para atender preto de 400 nenos e nenas

O Concello de Lugo avanza na creación dunha Unidade Municipal de Atención Temperá destinada...

Publicada a autorización para ampliar a potencia dunha planta foltovoltaica en Vilalba

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou a resolución, de agosto deste...

Xulgado en Lugo por reter, agredir e someter a agresións sexuais á súa parella durante varios días

A Audiencia Provincial de Lugo celebrou este luns o xuízo contra un home acusado...