InicioDeportesDous xogadores do C.V. Emevé convocados con España sub 16

Dous xogadores do C.V. Emevé convocados con España sub 16

PUBLICADA O

- Advertisement -

Raúl Villar Álvarez e Miguel Paradela Cortón, xogadores do Club Voleibol Emevé en categoría infantil, foron convocados coa selección española sub 16. Os dous receptores do equipo lucense concentraranse entre o 22 e o 29 de xullo en Guadalajara ás ordes de Ricardo Maldonado, seleccionador español sub 16. En xaneiro de 2019, España sub 16 xogará o torneo de clasificación para o campionato de Europa da categoría.

Só un equipo, GET Blume, acode con máis xogadores á convocatoria, concretamente tres. Soamente hai tres xogadores nados en 2004 dos quince convocados e dous dos tres son do Emevé. A ducia restante naceu en 2003. Raúl Villar ten xa 14 anos e Miguel Paradela cumprirá 14 anos o vindeiro 19 de xullo.

Raúl Villar e Miguel Paradela foron campións galegos infantís co Emevé na tempada 2017-2018. Segundo o C.V. Emevé, ámbolos dous “amosan calidade e xogo para estar entre os mellores españois da súa categoría”.

Por outra banda, Ainara Burgo foi convocada coa selección galega de volei praia para o campionato de España, que se xogará en Lorca do 29 de xuño ao 1 de xullo. Ainara comezou a adestrarse co combinado galego onte. Segundo o Emevé, “esta xogadora ten moito que amosarnos”.

Estes novos éxitos do Émeve únense á citación de Adrián García e Unai Larrañaga coa selección española sub 20 o preeuropeo. García e Larrañaga enfrontaranse ás seleccións de Polonia, Letonia e Israel. Antes destes partidos clasificatorios, xogarán un bilateral en Bruxelles. Adrián García xa fora internacional xuvenil.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

O exdelegado da Xunta Javier Arias perfílase como novo director de Urbanismo no Concello de Lugo

O exdelegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, que foi relevado...