InicioDeportesMario Barco non renova co C.D. Lugo e ficha polo Cádiz C.F.

Mario Barco non renova co C.D. Lugo e ficha polo Cádiz C.F.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro Mario Barco é novo xogador do Cádiz C.F. procedente do Club Deportivo Lugo. Asina por tres tempadas. Barco fichou polo Lugo en 2015, foi cedido nas dúas primeiras campañas e debutou en Segunda División no campionato precedente aportando cinco goles en 1066 minutos. O punta rioxano remataba contrato co Lugo este 30 de xuño. 

Barco, de 25 anos, xogou cedido polo Club Deportivo Lugo na Unión Deportiva Somozas e no Pontevedra C.F., ambos conxuntos militaban en Segunda División B, entre 2015 e 2017 anotando 20 goles.

O dianteiro xogou previamente na U.D. Logroñés, no Bilbao Athletic e no Barakaldo C.F., en Segunda División B, categoría na que sumou 40 goles en cinco tempadas. 

Mario Barco militará nun Cádiz que rematou en novena posición da Liga 1|2|3 pese a estar en posto de promoción de ascenso dende a decimosexta xornada. Comezará a pretempada o vindeiro luns 9 de xullo.

Barco, en declaracións aos medios oficiais do Cádiz C.F., afirmou que “é un paso adiante” na súa carreira e o “mellor sitio para rematar de explotar”. Subliña o “interese continuo” nos seus servizos do equipo adestrado por Álvaro Cervera e que o Cádiz ten “unha das mellores afeccións de España”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...