InicioDeportesO Emevé renova ao seu capitán, Manuel Blanco

O Emevé renova ao seu capitán, Manuel Blanco

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo comunicou a renovación de Manuel Blanco, capitán do equipo masculino. O central internacional venezolano, 1.92 metros de estatura e 40 anos de idade, cumprirá a súa segunda tempada en Lugo, onde chegou procedente do Club Aldebarán San Sadurniño, onde competiu durante tres tempadas, sendo tamén adestrador entre 2015 e 2017.

Blanco proclamouse campión da Copa Príncipe co Emevé o pasado xaneiro en Leganés cando o conxunto presidido por Bibí Bouza conquistou o título por vez primeira na súa historia despois de ser subcampión en 2013 e terceiro en 2011. Blanco gañou dúas ligas venezolanas (2012 e 2015). Defendeu as cores do Uorsa Vigo no campionato 2010-2011.

Segundo o Emevé, Manuel Blanco destaca pola “súa paixón por este deporte”, o seu “gran nivel cada tempada” e os “seus valores“, polo que é “un orgullo” telo con esta camisola.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...