Home Deportes O lucense Diego Núñez renova con O Parrulo Ferrol F.S.

O lucense Diego Núñez renova con O Parrulo Ferrol F.S.

1
O lucense Diego Núñez renova con O Parrulo Ferrol F.S.
Diego Núñez, á dereita da imaxe, defende a "Burrito", do Jaén F.S. Foto de lnfs.es

O Parrulo Ferrol F.S. comunicou a renovación do peche lucense Diego Núñez Paz por dúas tempadas. O ex xogador do Azkar Lugo F.S., de 25 anos, leva campaña e media en Ferrol, onde foi peza chave no ascenso a Primeira en 2017 e na permanencia na máxima categoría en 2018. Foi unha fichaxe por expreso desexo do adestrador lucense Diego Ríos, que xa o adestrara no Azkar Lugo entre 2011 e 2014 en Primeira División. Diego Núñez xogou en Primeira entre 2011 e 2015 no equipo lucense, además de competir na máxima categoría nesta pasada campaña 2017-2018. Porén, suma xa cinco anos en Primeira.

No campionato 2017-2018, Diego Núñez xogou 29 partidos marcando 4 goles.

Núñez caracterízase por ser un xogador de equipo, intelixente tácticamente, altamente competitivo e moi completo. 

O peche lucense foi internacional sub 21 coa selección española. 

+ posts

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here