InicioDeportesRoberto Canella, a "lenda" do Xixón que xa é xogador do CD...

Roberto Canella, a “lenda” do Xixón que xa é xogador do CD Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CD Lugo anunciou este sábado a fichaxe do lateral esquerdo do Sporting de Xixón Roberto Canella, que se incorpora ao equipo galego coa carta de liberdade. O xogador asturiano comprometeuse coa entidade lucense por dúas tempadas, até o ano 2021, coa opción de amplialo unha máis en función do número de partidos que dispute.

Canella, que asinou polo Lugo despois de finalizar a súa relación co Sporting, será presentado o luns ás 13.00 horas no Anxo Carro. Aos seus 31 anos, o lateral esquerdo de Pola de Laviana só defendeu dúas camisetas, a do conxunto xixonés e a do RC Deportivo, no que xogou na tempada 2014/15 cedido polo Sporting.

Canella suma 323 partidos oficiais no fútbol profesional desde que debutou co primeiro equipo do Sporting na tempada 2006/07 con 18 anos. Desa cifra de partidos, todos menos dez foron co conxunto xixonés, co que xogou a tempada pasada 20 encontros, 18 como titular.

En Lugo, seguirá vestindo de branquivermello en LaLiga 1/2/3 e reencontrarase con dous ex xogadores do Sporting, Carlos Castro e Juan Muñiz. Ademais, compartirá vestiario con dous futbolistas que, como el, xogaron máis de 300 partidos cun mesmo equipo, Carlos Pita e Fernando Seoane. O Lugo considerao unha “lenda do Molinón que chega ao Anxo Carro” e destaca del a “capacidade ofensiva” que tivo na súa carreira e á que sumou a “experiencia” para mellorar na “faceta defensiva” e ser un “futbolista equilibrado”.

ÚLTIMAS

O ministro Hereu comparte a postura do PSdeG sobre Altri e avaliar o proxecto “en base a criterios técnicos”

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, afirmou este martes que a súa...

En Castroverde, Baleira e A Fonsagrada non se poden pedir citas para o pediatra ata abril

O BNG denunciou este martes a "falta de atención pediátrica" nos concellos lucenses da Fonsagrada, Baleira...

Zonas da Terra Chá, aínda alagadas tras o paso de Kirk, non puideron sementar a forraxe para as vacas

Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que...

Diferenzas no goberno de Lugo ante a distinción de Rafael de Vega e Xesús Alonso Montero como fillos adoptivos

A proposta da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, de que Xesús Alonso Montero e...