InicioDeportesRoberto Canella, a "lenda" do Xixón que xa é xogador do CD...

Roberto Canella, a “lenda” do Xixón que xa é xogador do CD Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CD Lugo anunciou este sábado a fichaxe do lateral esquerdo do Sporting de Xixón Roberto Canella, que se incorpora ao equipo galego coa carta de liberdade. O xogador asturiano comprometeuse coa entidade lucense por dúas tempadas, até o ano 2021, coa opción de amplialo unha máis en función do número de partidos que dispute.

Canella, que asinou polo Lugo despois de finalizar a súa relación co Sporting, será presentado o luns ás 13.00 horas no Anxo Carro. Aos seus 31 anos, o lateral esquerdo de Pola de Laviana só defendeu dúas camisetas, a do conxunto xixonés e a do RC Deportivo, no que xogou na tempada 2014/15 cedido polo Sporting.

Canella suma 323 partidos oficiais no fútbol profesional desde que debutou co primeiro equipo do Sporting na tempada 2006/07 con 18 anos. Desa cifra de partidos, todos menos dez foron co conxunto xixonés, co que xogou a tempada pasada 20 encontros, 18 como titular.

En Lugo, seguirá vestindo de branquivermello en LaLiga 1/2/3 e reencontrarase con dous ex xogadores do Sporting, Carlos Castro e Juan Muñiz. Ademais, compartirá vestiario con dous futbolistas que, como el, xogaron máis de 300 partidos cun mesmo equipo, Carlos Pita e Fernando Seoane. O Lugo considerao unha “lenda do Molinón que chega ao Anxo Carro” e destaca del a “capacidade ofensiva” que tivo na súa carreira e á que sumou a “experiencia” para mellorar na “faceta defensiva” e ser un “futbolista equilibrado”.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...