InicioDeportesO Celta golea ao Lugo no primeiro test de pretemporada

O Celta golea ao Lugo no primeiro test de pretemporada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O novo Celta de Vigo de Fran Escribá comezou a pretemporada cunha cómoda vitoria ante o CD Lugo (3-0), grazas ao temperán gol de Pita en propia porta e os tantos de Santi Mina e Aspas na segunda parte, nun primeiro test de pretemporada que o técnico celeste aproveitou para repartir minutos entre todos os convocados.

Púxoselle de cara o partido moi rápido ao equipo vigués, pois ao minuto de xogo o lucense Carlos Pita cometeu un monumental erro ao tentar despexar o balón, que acabou na súa propia portaría, despois dunha mala saída de Canteiro.

Os primeiros trinta minutos foron de dominio absoluto do Celta. Escribá saíu de inicio con tres das súas fichaxes: Jorge Sáenz, Denis Suárez e Gabriel Fernández. Na medular apostou por Jozabed e Beltrán, que puido aumentar a vantaxe dos seus cun remate desde a frontal. Tamén rozou o gol o debutante Gabriel Fernández, pero o seu cabezazo marchou desviado.

Aos poucos, o Lugo enchufouse. Tivo máis o balón, e nos últimos minutos do primeiro tempo gozou de dúas boas ocasións para igualar o choque: primeiro cun disparo de Cristian Herrera que saíu desviado tras tocar nun defensor; despois cun remate de Tete que saíu rozando o poste.

O Celta saíu cun once distinto na segunda parte, con Iago Aspas e Santi Mina en punta, e Pione Sisto e Brais Méndez nas bandas; o Lugo realizou nove cambios. E ao seis minutos da continuación, Santi Mina celebrou o seu primeiro gol nesta nova etapa en Balaídos: Aspas deixa para Sisto, o danés conecta co ex valencianista e este saca un potente disparo para superar a Varo.

O ritmo do choque decreceu, e ningún conseguiu apropiarse do balón. Pione Sisto, excedido o minuto 70, obrigou a Varo a lucirse. Forzou o lateral uruguaio Lucas Olaza minutos despois un penalti que Iago Aspas transformou para pechar a goleada celeste.

– Ficha técnica:

3; Celta de Vigo: Sergio Álvarez; Kevin Vázquez, Costas, Sáenz, Juncá; Sergio Bermejo, Beltran, Jozabed, Denis Suárez; Lauti e Gabriel Fernández. Na segunda parte xogaron: Iván Villar, Carreira, Roncaglia, Ros, Olaza, Molina, Lobotka, Brais, Sisto, Iago Aspas, Santi Mina, Pampín, Losada e Miguel Fernández.

0; CD Lugo:Canteiro; Iriome, Pita, Jose Carlos, Ledebenko; Calderón, Jaume, Borja Domínguez, Tete; Hererra e Antón Escobar. Tamén xogaron Carlos Castro, Manu Barreiro, Campabadal, Varo, Alex Rei, Seoane, Vieira, Muñiz, Matías e Pablo Rei.

Goles: 1-0, m.1: Pita (pp); 2-0, m.51: Santi Mina; 3-0, m.71: Iago Aspas, de penalti.

Árbitro: Pastoriza Iglesias. Amoestou a Muñiz por parte do Lugo.

Incidencias: Partido amigable disputado no campo de Baltar (Portonovo), que rexistrou un cheo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

O PP provincial denuncia que o Goberno non puxo en marcha na UPR na Comisaría da Policía Nacional de Lugo

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel...