InicioDeportesO Breogán descende a LEB Ouro en Andorra (91-84)

O Breogán descende a LEB Ouro en Andorra (91-84)

Os lucenses perden a categoría despois dun partido que dominaron

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán descendeu a LEB Ouro despois de perder en Andorra (91-84) na penúltima xornada da Liga Endesa nun partido que dominou durante toda a primeira metade e parte do terceiro cuarto.

Os breoganistas foron superiores dende o comezo con triplas, circulación de balón e atopando tiros liberados cun ritmo alto. Os lucenses manexaron vantaxes de 8 e 9 puntos cun excelso Lucio Redivo, coa dirección de Aleksandar Cvetkovic´e co poderío interior de Volodymyr Gerun e Emir Sulejmanović.O Breogán amousou unha efectividade ofensiva importante cun traballo prácticamente coral. No comezo do terceiro cuarto, cunha dirección máis pausada de Christian Díaz, os lucenses colocáronse 13 puntos de vantaxe, con canastras tamén importantes de Salva Arco. Dende aí, o Breogán non controlou a diferenza ao seu favor co lanzamento exterior e a intensidade interior de Moussa Diagne. Andorra colocouse 5 arriba, os lucenses empataron, pero non foron quen de superar mentalmente esa adversidade e consumaron unha nova derrota, a quinta consecutiva, que supón o descenso a LEB Ouro.

Lucio Redivo foi o máximo anotador breoganista, con 18 puntos, seguido por Volodymyr Gerun, con 15, e Aleksandar Cvetkovic´, con 14.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...