InicioCulturaO mellor blues, gratis en Lugo

O mellor blues, gratis en Lugo

O blues de Gisele Jackson chega a Lugo este domingo nun concerto na praza Bispo Basulto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O blues de Gisele Jackson chega a Lugo este domingo. Será o vindeiro 31 de marzo, ás 13:30 horas,  na praza Bispo Basulto (entre a Praza do Campo e a Catedral), nun concerto totalmente gratuíto no que amosará parte da súa obra, que conta cun grande recoñecemento a nivel internacional.

De feito, Jackson participou durante anos en xiras de persoeiros tan importantes no mundo da música como Ray Charles ou Donna Sumer, entre outros. A revista Billboard elevouna á categoría de diva a raíz do seu gran éxito mundial, o clásico de baile Love Commandments. O single alcanzou o número 3 na lista de baile de Billboard, catapultando a Gisele ao olimpo da música house e dance.

UNHA DIVA DO BLUES

Gisele Jackson, naceu en Baltimore, Maryland, é unha cantante e diva da música house recoñecida mundialmente polos seus éxitos internacionais. Graduouse na Universidade de Howard e comezou a súa carreira cunha primeira banda de soul clásica e actuou por máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África, e visitou en solitario os principais clubs de jazz de USA.

Foi teloneira de artistas da talla de Perico Ponte, Bette Midler, The Commodores, B-52 e unha gran cantidade de xigantes da música. Ademais, chegou a actuar nos éstreos e cerimonias de premios de Hollywood e apareceu na gran pantalla cantando na película First Wives Club. Foi a encargada de cantar na tóma de presidencia do mesmo Bill Clinton. Tamén participou noutros proxectos como no teatro, con papeis como Effie en Dream Girls, Bessie en Life & Death of Bessie Smith”, Evilene en The Wiz, Luttibelle en Purlie e Frankie en Carmen Jones. Chegou á televisión cunha campaña comercial mundial para Johnnie Walker.

III FESTIVAL DE BLUES

A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo, está a organizar a nova programación do Festival de Blues, unha iniciativa totalmente gratuíta coa que ambas as institucións traen a Lugo a artistas  punteiros doblues así como as novas promesas deste xénero, chegados de distintos puntos do mundo. A programación presentarase nos vindeiros días.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...