InicioCulturaMostra 'O derradeiro trazo de xiz' Miguel Muñiz no pazo de San...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

A través das imaxes, nas que antigos alumnos e alumnas son retratadas no que queda das súas escolas, os visitantes poderán conectar coa historia do noso rural e reflexionar sobre o desarraigo e a perda da cultura tradicional que supuxo o peche destas aulas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O derradeiro trazo de xiz” de Miguel Muñiz, un proxecto que propón unha viaxe polas antigas escolas rurais de Galicia.

Esta iniciativa convídanos a realizar unha viaxe nostálxica e necesaria polas antigas escolas rurais de Galicia, moitas delas hoxe esquecidas ou desaparecidas. A exposición retrata con sensibilidade o esmorecemento daquela estrutura educativa, integrada perfectamente no ciclo agrícola e na vida familiar, especialmente coa Lei Xeral de Educación de 1970 e a consecuente concentración escolar nos grandes núcleos de poboación.

A través das imaxes, nas que antigos alumnos e alumnas son retratadas no que queda das súas escolas, os visitantes poderán conectar coa historia do noso rural e reflexionar sobre o desarraigo e a perda da cultura tradicional que supuxo o peche destas aulas. Ademais, grazas á integración de códigos QR, a mostra ofrece unha experiencia inmersiva onde se poderán escoitar os testemuños directos dos poboadores desas escolas, recuperando así as voces de toda unha xeración.

A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago, a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro e o músico e mestre Antón Castro acompañaron, xunto a numeroso público, ao autor na inauguración da exposición na que se lembrou o colectivo pedagóxico de Mestras da Montaña e as mestras e mestres represaliados.

As intervencións coincidiron tamén en proxectar a mostra como unha oportunidade para honrar o esforzo de moitas familias galegas por darlles un futuro mellor aos seus fillos a través do ensino máis próximo e humano.

A exposición inclúe tamén mobiliario e material de aprendizaxe característico das escolas rurais. Pode visitarse ata o 13 de maio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Tres feridos no Saviñao despois dunha saída de vía

Tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía no vehículo no que viaxaban no...