InicioCulturaO músico Xabier Díaz porá banda sonora á gala dos XXIV Premios...

O músico Xabier Díaz porá banda sonora á gala dos XXIV Premios Mestre Mateo

Ademais, a noite contará coa participación especial de Mondra nunha gala que terá lugar o 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O músico e investigador da tradición oral galega Xabier Díaz será o encargado de pór banda sonora á noite na que se coñecerán as gañadoras e gañadores dos XXIV Premios Mestre Mateo, segundo informa a Academia Galega do Audiovisual.

“A música volverá ser un dos grandes ingredientes da gala, que reunirá todo o máis destacado do audiovisual galego”, remarcan desde a organización sobre un evento presentado por Trisha Fernández e Federico Pérez baixo a dirección de Marta Arévalo e guión de Óscar Cruz.

Acompañado de Adufeiras, Xabier Díaz, avanzan, levará ao escenario unha proposta da tradición popular galega desde unha mirada contemporánea, “con pandeireta e o canto como eixos centrais dun espectáculo vibrante que conecta memoria e presente”.

Con máis dunha década á fronte das Adufeiras de Salitre, Xabier Díaz “consolidouse como unha das figuras crave da música de raíz galega”, remarca a Academia. Respecto diso, lembra que formou parte de Berrogüetto e participou no proxecto aCadaCanto.

Ademais, a noite contará coa participación especial de Mondra nunha gala que terá lugar o 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...