Home Cultura O conxunto etnográfico de Pallozas do Cebreiro abrirá as fins de semana

O conxunto etnográfico de Pallozas do Cebreiro abrirá as fins de semana

0
O conxunto etnográfico de Pallozas do Cebreiro abrirá as fins de semana
Pallozas do Piornedo | Teitos do Piornedo

A Xunta de Galicia abrirá durante as fins de semana o conxunto etnográfico de Pallozas do Cebreiro, co que amplía a dispoñibilidade de visitas ao público.

Segundo explican nun comunicado, trátase dunha iniciativa coa que o Goberno galego mantén o seu compromiso coa promoción, divulgación e protección do patrimonio e da cultura galegas.

Desta maneira, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude amplía aos fins de semana os horarios de apertura deste espazo, grazas á incorporación de persoal que estará encargado da recepción e acompañamento á palloza Xan López, que permanecerá aberta sábados e domingos, de 9.00 a 14.00 horas.

A través destas visitas, que serán guiadas, a xente poderá descubrir a historia dos antepasados galegos que habitaron esta contorna, de aproximadamente 300 metros cadrados, onde tamén se atopan as outras tres construcións que reciben o nome de Quico, Galán e Campelo.

Ademais, como complemento a estas rutas, a Consellería de Cultura tamén porá en marcha diferentes actividades didácticas e de lecer relacionadas con este conxunto que xestiona o Museo do Castro de Viladonga.

Apuntan que este traballo de divulgación cultural e patrimonial atópase enmarcado nos obxectivos da recentemente aprobada Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia coa que a consellería busca “derrubar barreiras físicas, cognitivas sociais ou territoriais ofrecendo un amplo abanico de propostas culturais que estean repartidas por toda a xeografía galega e adaptadas a todos os públicos”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here