InicioCulturaTanxarina, compañía de monicreques, inicia a programación cultural de Outeiro de Rei

Tanxarina, compañía de monicreques, inicia a programación cultural de Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A compañía de teatro de monicreques e objectos, Tanxarina, representará ‘Titiricircus’, un dos seus espectáculos clásicos, este sábado 20 de xaneiro ás 17,00 na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei para dar comezo á súa programación cultural de inverno.

A compañía, conformada polos actores e titiriteros Tatán, Miguel e Andrés, conta con catro décadas de traxectoria artística con espectáculos para público familiar como ‘A cazola de Lola’, ‘A galiña azul’, ‘As bombas e o xeneral‘, entre outros, e con importantes premios do teatro galego.

A peza que se representará en Outeiro de Rei é, segundo describe o presidente da Casa-Museo Manuel María, “un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor” no que dous traballadores lembran o seu pasado na pista a través de “monicreques” de fíos.

A representación vai dirixida para nenos e nenas a partir de catro anos e familias. Ademais, a peza xa conta con máis de 1.500 representacións nas que houbo, do mesmo xeito que haberá na representación dese sábado, un permanente xogo co público.

A entrada, que é necesario reservar a través de Whastapp (698177621) ou do correo contacto@casamuseomanuelmaria.gal, custa dous euros.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...