InicioCulturaLugo albergará a proxección especial de 'La sombra de la ley', filmada...

Lugo albergará a proxección especial de ‘La sombra de la ley’, filmada na cidade

'La sombra de la ley', dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar, terá un pase especial o martes 16 en Lugo, que foi localización do filme

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo albergará unha proxección especial de La Sombra de la Ley, filme cun forte protagonismo lucense. A cinta está dirixida por Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar, e tivo a cidade amurallada de plató natural durante rodaxe. O pase celebrarase o vindeiro martes, 16 de outubro, ás 20.00 horas nos cines do centro comercial Abella.

A cita contará con representación institucional do Concello e a Deputación, colaboradores deste produto audiovisual. Canda a alcaldesa Lara Méndez e o presidente provincial Darío Campos estarán o director da película, Dani de la Torre, a produtora Emma Lustres de Vaca Films, e parte do equipo artístico.

A localización en Lugo foi escollida para poder facer realidade a ambientación dos anos vinte. A filmación tivo lugar na rúa Bispo Aguirre e no Círculo das Artes, polos que circularon coches de época. Na rodaxe participaron varios titulados da Fundación TIC e tres alumnos da Escola de Imaxe e Son.

La Sombra de la Ley inspírase en feitos históricos e quere ser un reflexo da sociedade española de principios do século XX, representando a través das súas tramas e personaxes a vida e conflictos da época. A grabación desenvolveuse o pasado ano en oitenta decorados exteriores e interiores. Comezou en Barcelona, centro da trama, pero a meirande parte da acción discorre en Galicia (Lugo, Pontevedra, Monforte de Lemos, A Coruña e Santiago).

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...