InicioMovementos sociaisInquedanza e anuncio de mobilizacións polos recortes educativos en Portomarín

Inquedanza e anuncio de mobilizacións polos recortes educativos en Portomarín

A ANPA do Virxe da Luz critica que falta de docentes é común a outros centros do rural e advirte de que agravará o fenómeno do despoboamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na pasada xornada, o Club Deportivo Portomarín levou os tres puntos perante o Club Deportivo Corgo. Mais o fito máis salientable non foi a vitoria, imprescindible para manter o coliderado do grupo, senón a pancarta que despregaron os xogadores en solidaridade cos alumnos, pais e nais do CEIP Virxe da Luz. A meirande parte do equipo é natural da vila e coñece de primeira man a inseguridade pola falta de oportunidades e o despoboamento.

Á hora de escoller onde vivir, un aspecto crucial é o acceso a unha educación de calidade e en igualdade de oportunidades. Pois ben, este curso escolar comezou coa nova da supresión dun docente, sen previo aviso por parte de ningún organismo. Esta ausencia, engadida a que este ano hai un estudante máis no Virxe da Luz, conlevou a agrupación dos alumnos de Primaria en dous grupos: un de primeiro a terceiro, e outro de cuarto a sexto. Un inconvinte enorme, polas diferenzas nos contidos e nos ritmos das diferentes idades.

De inmediato, a Asociación de Nais e Pais do colexio procedeu a reunirse co alcalde, Juan Serrano, a directora do centro e os delegados do servizo territorial da Inspección Educativa. Porén, as xuntanzas foron infrutuosas, ata o punto de que no último encontro negouse o acceso ao rexedor de Portomarín, que tivo que agardar na entrada do Virxe da Luz. O veto foi decisión do inspector, tal e como explican dende a ANPA, pois contaban con que estaría presente.

A falta de solucións por parte da Consellería de Educación recibirá unha queixa ante a Valedora do Pobo. Pais e nais emprenderán mobilizacións e animan a outros colexios a realizar accións conxuntas. Entenden que esta problemática é cada vez máis habitual no rural, e que sen vontade do goberno autonómico, a incerteza afondará no despoboamento.

ÚLTIMAS

“Sempre en Galiza. 1944-2024”, inaugurada no Museo Provincial de Lugo

A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, plásmase en...

Senadores do PP provincial piden explicacións sobre a rehabilitación da A-6

Os senadores do PP lucense rexistraron este venres unha pregunta na Cámara Alta dirixida ao Goberno...

A Deputación de Lugo presentará en Fitur a campaña ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’

A Deputación de Lugo presentará a súa nova campaña de turismo, 'Provincia de Lugo. Mergúllate na...

Os senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en 2024, co sector rural ou Alcoa no foco

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel...