InicioCulturaEstrea en Lugo de "El alma de Valle Inclán", a obra que...

Estrea en Lugo de “El alma de Valle Inclán”, a obra que xurdiu durante o confinamento

"Durante o confinamento inspiroume este home singula e de vida vibrante", apunta o actor Rafael Álvarez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O actor Rafael Álvarez (El Brujo) volve a Lugo, seis anos despois da súa anterior actuación na cidade, para presentar a súa obra El alma de Valle Inclán. Este espectáculo, que creou durante o confinamento pola pandemia de Covid, representarao o día 30 deste mes, domingo, ás 20:00 horas no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas xa están á venda na web ataquilla.com.

“Durante o confinamento inspiroume este home singula e de vida vibrante”, apunta o actor Rafael Álvarez sobre un papel que di que “aliviou a súa melancolía” e curouno das “drásticas circunstancias” que estaba a vivir.

Rafael Álvarez naceu en Lucena (Córdoba) e pasou gran parte da súa infancia en Torredonjimeno (Jaén). Despois trasladouse a Madrid para estudar Dereito e foi nos colexios maiores onde tomou contacto por primeira vez co mundo del teatro. En 1995 crea, xunto a María José Norte, a súa propia produtora: Producciones El Brujo S.L., dedicada á distribución e a produción de teatro e audiovisuais.

Desde a súa primeira colaboración en 1969 na montaxe La escuela de los bufones, de Michel de Ghelderode, participou en numerosas obras de autores e directores da talla de Pío Baroja, José Luis Alonso de Santos, Gerardo Malla, Fernando Fernán Gómez, José Carlos Plaza, José Pascual e Alfonso Martínez de Toledo, entre outros.

A partir do ano 1986 Rafael Álvarez compaxina a súa actividade teatral co cine e a televisión, participando en películas como El Crack, de José Luis Garci; La taberna fantástica e Don Juan, mi querido fantasma, de Antonio Mercero; La leyenda de la doncella, de Juan Pinzas; Alma gitana, de Chus Gutiérrez; Amores que matan, de Juan Manuel Chumilla; La duquesa roja, de Paco Betriu; Niño nadie, de José Luis Borau; Pajarico, de Carlos Saura; e na adaptación de Fernando Fernán Gómez para o cine Lázaro de Tormes, película galardoada con dous Goyas da Academia de Cine español.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...