InicioCulturaVolve o San Froilán, "a gran festa do outono galego sen restricións...

Volve o San Froilán, “a gran festa do outono galego sen restricións sanitarias”

Volven os desfiles do gando e do traxe tradicional, e haberá concertos de Ariel Rot, Kiko Velneno ou Treixadura

PUBLICADA O

- Advertisement -

As festas de San Froilán, que se celebran entre o 4 e o 12 de outubro, acollerán máis de 200 actividades en Lugo, das que máis da metade serán musicais. Así, a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, detallou o programa completo na reunión da Comisión de Festas, destacando que a cidade, durante esa semana, albergará “máis de duascentas actividades, e máis da metade delas serán musicais, dando lugar a un programa do San Froilán no que todas as veciñas e veciños atoparanse cunha actividade do seu gusto”.

“As agrupacións locais terán protagonismo nos concertos e nas actividades na rúa”, asegurou Ferreiro, quen engadiu que “se contará con máis de 50 grupos de Lugo e concertos de primeiro nivel”. Un dos aspectos que destacou é “a volta da gran festa do outono galego sen restricións sanitarias“, o que supón a volta de actividades que nos anos de pandemia aprazáronse debido ás masificacións. “Este ano volverá o desfile do traxe tradicional, celebrando o seu 50 aniversario. Tamén volve o desfile do gando, que terá lugar o venres 7 ás 18,00 horas”, concretou.

ACTIVIDADES PARA AS FAMILIAS E CONCERTOS

Ademais, destacou que “as familias contarán con 22 actividades de calidade, que se celebrarán tanto na carpa do aparcadoiro do Seminario como nas rúas de Lugo dentro do San Froilán Miudo”. “En total, o programa conta con 50 concertos en escenario e preto de noventa actividades de rúa, con pasacalles, espectáculos itinerantes e animación nos barrios”, subliñou. Entre outros concertos, por Lugo pasará Dvicio, Ariel Rot, Kiko Veneno ou Treixadura.

“FALTA DE RESPECTO”

Pola súa banda, o grupo municipal do PP lamentou a “falta de respecto” do goberno por “difundir o programa de San Froilán antes de dalo a coñecer aos integrantes da comisión de festas“.

O PP indica que os edís mostraron á presidenta da comisión unha copia do documento que na pasada xornada, subliña, “circulaba por distintas redes sociais” e no que se detallaban “todas as actuacións que hai previstas“.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...