InicioCulturaTres colexios de Lugo celebrarán este luns os primeiros obradoiros de IlustrarNÓS

Tres colexios de Lugo celebrarán este luns os primeiros obradoiros de IlustrarNÓS

Nos centros de educación primaria realizarase un obradoiro dunha hora de duración baixo o título “Os Nosos (Ilustres) Instrumentos”, nunha proposta que conxuga ilustración e música e que correrá a cargo da ilustradora Laura Romero e do músico Juan A. Álvarez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo comeza este luns cos obradoiros do programa IlustrarNÓS, que chegarán a 14 centros con distintas actividades relacionadas co mundo da ilustración, deseño e artes gráficas.

Nos centros de educación primaria realizarase un obradoiro dunha hora de duración baixo o título “Os Nosos (Ilustres) Instrumentos”, nunha proposta que conxuga ilustración e música e que correrá a cargo da ilustradora Laura Romero e do músico Juan A. Álvarez.

Os CEIP de Albeiros, de Paradai e Quiroga Ballesteros, de Lugo cidade, desfrutarán da actividade este luns. Ao CPI Ramón Piñeiro, de Láncara, e ao CEIP Virxe do Carme de Sober, chegará o vindeiro 21 de marzo. Nos concellos mariñaos de Barreiros e Foz tamén se desenvolverá este obradoiro, en concreto nos CEIP San Cosme e Fondo Nois, o 25 de abril. Ao día seguinte, o 26 de abril, terá lugar no CEIP O Salvador, da Pastoriza, e no CEIP Plurilingüe, na Pontenova. Finalizarase o ciclo no CPI de Cervantes o 27 de abril.

Nos centros de secundaria, os obradoiros correrán da conta do historietista e ilustrador Kiko da Silva, que debullará para o alumnado o proceso creativo da banda deseñada. Realizaranse no IES Río Cabe de Monforte o 25 de marzo, e o 22 de abril no CPI Dr. López Suárez de Friol e no IES Pedregal de Irimia de Meira.

Ademais, a Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, que imparte diversos módulos relacionados coa ilustración, acollerá o 6 de maio unha charla a cargo do ilustrador Alberto Guitián, que afondará en cuestións relativas ao exercicio profesional, poñendo sobre a mesa temas como a protección e a xestión dos dereitos de autor no mercado global ou a defensa fronte a plaxios ou prácticas especulativas.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, agradeceu “a boa acollida que o programa tivo entre os centros educativos, que demostraron un gran interese por incluír estas actividades nas aulas, fomentando que o alumnado coñeza e valore o traballo nosas creadoras e creadores, neste caso no ámbito da ilustración”.

II CERTAME DE ILUSTRACIÓN “ILUSTRARNÓS”

O programa inclúe a convocatoria do II Certame de Ilustración “IlustrarNÓS”,  dirixido a fomentar a creatividade e as artes gráficas nos centros de ensino e aberto a alumnado de Primaria, Secundaria, BAC e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.

Establéncense catro categorías de creación, en función das etapas educativas, cos seus correspondentes premios. As bases e as follas de inscrición, que foron remitidas a todos os centros educativos, están tamén disponibles en cultura.deputacionlugo.gal

INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS

A axenda de IlustrarNÓS completarase co pintado de oito murais en instalacións e recintos educativos, realizados por Iago Eireos e Iván Mouronte e con deseños alusivos a Reimundo Patiño, pintor e pioneiro da Banda Deseñada en Galiza, a quen se dedicou este ano o Día da Ilustración.

Ademais, ao longo da primavera, o ilustrador Kiko da Silva realizará unha exhibición do seu traballo na Praza de Marcos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...