InicioCulturaVolven os contos de Ánxel Fole... desta volta en banda deseñada

Volven os contos de Ánxel Fole… desta volta en banda deseñada

Trátase dunha publicación editada pola Asociacion Socio-Pedagóxica Galega, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove a presentación do libro “Contos de Seu” de Xosé Tomás, un título editado pola as.pg, Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Esta obra é unha homenaxe a Ánxel Fole, a través de historias narradas coa conxugación da palabra e a ilustración que beben do ambiente deste autor, da súa retranca e do seu misterio. “A linguaxe empregada é unha mestura indisoluble de imaxe, palabra, silencios e, sobre todo, tempo. Presenta breves historias co obxectivo de reconstruír e completar, con personaxes que resolven desde a idiosincrasia propia cunha mirada poliédrica”, indica a institución provincial nun comunicado.

“Os costumes, lugares, e as maneiras de relacionarse convidan á reflexión, ao pouso, e marcan distancia coa realidade actual duns tempos vitais marcados pola inmediatez e a presa continua”, engade. A área de Cultura da Deputación de Lugo mantén unha colaboración anual coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega para a realización de diversas actividades didácticas, así como publicacións entre as que se atopa “Contos de Seu”.

O acto terá lugar mañá, venres 28 de xaneiro, ás 20:15 horas no salón de actos da Deputación de Lugo (Pazo de San Marcos). Será preciso inscribirse nos teléfonos 982 260 060 ou 982 260 134, ou ben no correo electrónico protocolo@deputacionlugo.org antes deste venres 28 ás 14:30 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...