InicioCulturaMáis de 130 películas serán proxectadas na Semana do Cinema de Lugo

Máis de 130 películas serán proxectadas na Semana do Cinema de Lugo

Este ano, a diferenza do anterior, o aforo será de 300 persoas no Auditorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 135 proxectaranse na Semana de Cinema de autor de Lugo, que se programa desde este luns e ata o vindeiro sábado na cidade das murallas. Ás portas do Concello de Lugo, foron presentadas algunhas destas actividades e o libro ‘Un camiño de cinema Xacobeo’ da xornalista lucense Pilar Falcón.

O director da Semana de Cinema de Lugo, Manuel Curiel, apuntou que “a edición deste ano vai ser mellor que a do ano pasado en que xa o limite de aforamento era de 30 persoas por sala e nesta edición son máis de 300 persoas no auditorio”.

Son 135 as películas que se difundirán durante a semana, segundo comentou Curiel son de “todos os tamaños; longos, curtos, documentais e a maioría son practicamente estreas en toda España”.

“O que hai que facer é unha lista e dedicarse a ver certas películas, porque 135 é imposible de ver“, sinalou o director da Semana de Cinema de Lugo. Serán varios os escenarios; o auditorio, a biblioteca, a Deputación, ou o vicerreitorado, que “son o catro ou cinco salgas coas que contamos todos os anos”, indicou Manuel Curiel.

Unha das novidades que se incorpora para esta edición é a presenza de dúas películas con temática sobre o Xacobeo, resaltando o director o documental ‘O longo camiño’.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...