InicioCulturaDavid Amor e Marta Larralde impartirán dúas clases de actuación en Lugo

David Amor e Marta Larralde impartirán dúas clases de actuación en Lugo

A actriz e mailo cómico participarán dos campamentos de teatro para cativos en sesións de balde e abertas a quen desexe asistir ao Pazo de San Marcos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A actriz Marta Larralde e o cómico David Amor participarán en dúas clases maxistrais enmarcada nas actividades gratuítas do Campamento de Teatro Urbano, que organizan Deputación e Concello en Lugo. Esta iniciativa está tendo lugar no centro histórico da cidade durante todo o mes de agosto, e participan de xeito gratuíto nenos e nenas de entre 7 e 14 anos.

Tódalas actividades deste campamento realízanse a través dunha metodoloxía lúdica, activa e participativa. Neste senso, en cada edición organízanse faladoiros con profesionais da actuación para que poidan transmitir como é traballar dentro do eido e técnicas de aprendizaxe. 

Así, a finais do presente mes de agosto celebraranse dúas clases maxistrais de balde e abertas a quen desexe asistir. Os participantes dos campamentos de teatro e curiosos da interpretación poderán coñecer máis sobre a traxectoria profesional e as experiencias de David Amor e Marta Larralde. Con tal fin, deberán achegarse ata o Salón de Actos da Deputación, no Pazo de San Marcos, os días 21 e 31 de agosto, respectivamente, ata completar aforo. 

David Amor é un monologuista e actor de Salceda de Caselas, que actualmente colabora nun dos programas da televisión máis vistos, “Zapeando” de laSexta, e que continúa interpretando ó personaxe de Tito en “Gym Tony” de Cuatro, unha serie que vai xa pola cuarta tempada.

A actriz Marta Larralde pechará os campamentos de teatro urbano no salón de actos o día 31 ás 19.00 horas. Esta masterclass impartida pola viguesa servirá para interactuar cos rapaces a través de diversos xogos, e compartirá co público a súa experiencia persoal no mundo da actuación, dando a coñecer máis profundamente a súa traxectoria profesional. Larralde protagonizou recentemente na serie Fariña o papel de Nieves, a primeira esposa que tivo Sito Miñanco.

“Os campamentos de teatro de Lugo xeran unha familia”

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...