InicioCultura“Os campamentos de teatro de Lugo xeran unha familia”

“Os campamentos de teatro de Lugo xeran unha familia”

Un dos responsables dos campamentos de teatro que a Deputación organiza en Lugo para os máis novos explica os aspectos conciliación, dinamización e cultura

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vinte rapaces desfrutan da merenda e poñen a protección solar xusto antes da andaina polo centro de Lugo. Levan unha semana e están encantados: a metade repetiron do ano anterior, e algúns incluso repetirán no vindeiro grupo. O campamento de teatro da Deputación de Lugo é un servizo de conciliación con gran acollida durante un verán, cando é complicado atopar oferta abondo para os máis novos.

Neste caso, trátase de achegar aos raparigos ao mundo da actuación, do canto, que podian vivir a experiencia de traballar o corpo, a voz, a caracterización, a improvisación. Tal e como explica Mauricio, un dos responsables deste proxecto, son elementos do mundo do teatro que, ás veces, son descoñecidos para eles.

Como enfocades o traballo con nenos e nenas que aínda tiveron pouco contacto co teatro?

Imos progresivamente. Os grupos están pensados en quincenas, con sesións pola mañá e pola tarde, do día un ao quince e do quince ao trinta. Imos aborando sucesivamente diferentes áreas –representación, baile– e temos os intres de convivencia. Son momentos para abrirse, de xogar ao aire libre, compartir a merenda. É algo máis ca teatro.

E como levan a calor?

Tuvimos días nos que non saímos. O campamento está pensado para ocupar espazos públicos, dinamizar a cidade cando en verán queda algo baleira. Que os nenos poidan desfrutar deses espazos, das prazas, as rúas. A iso das once e media saímos coa música, facemos o que aprendemos durante a clase.

Houbo dous días que non saímos por mor da vaga de calor, temos áreas de traballo aquí. Máis que nada polos da tarde, porque pola mañá podemos adiantar a saída, mais as temperaturas altas da tarde poden ser demasiado para os nenos de sete anos. Os golpes de calor obrígannos a quedar por aquí.

Como xestionades as diferencias de idade entre os sete e os catorce anos?

Tentamos que estean todos integrados, formando un conxunto. Ás veces, os máis maiores fan ese rol de irmán maior e tiran dos máis cativos. A convivencia que se xera é moi boa, levamos facendo isto dous anos xa e moitos rapaces repiten. Eles están pendentes, queren vir aquí cando os pais traballan, pregúntate pola rúa que cando comeza o campamento.

É unha familia o que xera o campamento de teatro. Eles agradecen, antes quedaban na casa mirando a tele, ou ían dunha casa a outra mañás e tardes; e agora poden contar con estas clases. Penso que é fundamental para Lugo, hai xente que ten que traballar e os nenos pagan esas cousas.

Logo temos dentro do campamento a master class, sempre traemos algún actor famoso ou alguén que poida transmitir experiencias do mundo da actuación. O ano pasado trouxemos ao Langui, este ano traemos a Marta Larralde. Que lles transmitan como é dende dentro, o xeito de aprender, algo que lles deixe fascinados. É unha cousa máis lúdica que profesional.

Aparte da master class, cales son as ferramentas de aprendizaxe do campamento urbano?

Facemos obradoiros de monicreques, de fabricación de marionetas, eles escriben a historia facemos logo a representación. Temos un obradoiro de sombras chinesas no que deben crear as personaxes e a súa historia, e representala. É un proceso, un crescendo.

E despois bailes, improvisación, xogos con telas, coa pelota, con dinámicas para o corpo, a voz e o canto. Tocamos un pouco de todo sabendo das limitacións, son raparigos que queren saír da casa e divertirse. É unha aproximación.

Dentro das actividades extraescolares habituais, entendo que agradecen esta dinámica distinca e completa.

O campamento provén da área de cultura e un pouco trátase de achegar o mundo da actuación e o teatro, que saiban que é cultura e que é fundamental.

Canto tempo levades facendo este tipo de actividades?

Coas actividades educativas, sete anos. Aparte do teatro facemos actividades dirixidas á xente maior, á introducción das novas tecnoloxías, un pouco de todo. Planificamos tamén obradoiros de cociña para nenos, para que aprendan que comen, responsabilizarse do que no comen…

Polo Nadal trouxemos a un neno de Master Chef para un show cooking na Praza de Abastos, para achegar a alimentación, que é fundamental no día a día, aos pequenos. Que é momento para aprender a comer e responsabilizarse do que cada un come. E que mellor que que da man de alguén de Master Chef, que todos os nenos miran o programa. Hai que aproveitar eses recursos e circunstancias para reflexionar sobre a alimentación.

Como comezou a túa andaina nesta clase de campamentos?

Eu son psicólogo. Todo o mundo do ensino a cativos é a miña profesión. Sempre me interesou aportar actividades con un plus, non só a actividade, que teña unha mensaxe. É sementar ideas nos nenos que teñen que ver coa prevención e a promoción en saúde.

Que comentan os rapaces no día a día e cando marchan?

Están encantados! Pásano moi ben, fan amigos novos… eles saben que é unha sorte contar con este tipo de actividades nunha cidade. Veñen doutros anos de non facer actividades en Lugo porque son de pago, e hai familias que non poden adicar unha partida a isto ou a contratar unha persoa que os coide, van deambulando de tíos a avós, primos. E  ter un entorno con nenos para aprender e xogar é fundamental.

E amais en espazos ao aire libre.

Ese é o enfoque, ocupar e desfrutar os espazos urbanos tamén durante o verán, que non é só para ir á praia. Temos unha cidade marabillosa coma é Lugo, con prazas e árbores incribles.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...