InicioCulturaCrónica dun mullericidio en 1934: a historia dun home "que non se...

Crónica dun mullericidio en 1934: a historia dun home “que non se portaba ben”

Helena González de Bisagras de Papel reflexiona neste artigo sobre "esa violencia que non cesa" e que adopta múltiples formas. Emilia Pardo Bazán púxolle o nome; de mullericidio, xa que para que algo exista hai que lle dar un nome.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai xa tempo, cando investigaba para unha familia, batín por casualidade coa crónica dun episodio de violencia de xénero, seguido dun fatal desenlace. O titular dicía: “Un individuo echa al pozo a su suegra”.  A malpocada muller, faleceu aos poucos meses, debido á gravidade das lesións. Pero, o máis grave deste asunto, é que absolveron e ceibaron a este home, despois do xuízo. Pregúntome, cal sería a reacción da súa dona, cando soubo que o asasino da súa nai, voltaba a casa.

 

“El mujericidio siempre debiera reprobarse más que el homicidio. ¿No son los hombres nuestros amos, nuestros protectores, los fuertes, los poderosos? El abuso del poder, ¿no es una circunstancia agravante? Cuando matan a mansalva, a la mujer, ¿no debería exigírseles más estrecha cuenta? Y, sin embargo, los anales de la criminalidad abundan en mujericidios, impunes muchas veces por razones especiosas, mejor dicho por sofismas, que sirven para alentar el crimen”. Emilia Pardo Bazán. “La Ilustración Artística”

 

Cando lin isto, pensei inevitablemente en “El indulto”, un conto escrito por Emilia Pardo Bazán, que abre a escolma de contos de violencia contra as mulleres desta autora, titulada “El encaje roto” e editada por Contraseña Editorial.

Coñecía a obra de Emilia Pardo Bazán, porque lin algúns fragmentos de “La Tribuna”, hai xa un tempo, cando investigaba para unha familia con raíces galegas, na que moitas das súas mulleres, tiñan traballado, na Fábrica de Tabacos da Coruña. Incluso, dinlle a referencia ao meu cliente, xa que esta novela era perfecta, para que puidesen ter unha idea, de como viviron as cigarreiras da súa familia.

 

 

Emilia Pardo Bazán. 1896

 

Agora tiña entre as miñas mans, un libro de contos escrito hai máis de cen anos, no que a violencia de xénero, era o fío condutor.  Eran historias de mulleres, seleccionadas e prologadas, con agarimo e coidado por Cristina Patiño Eirín, profesora da USC, apaixonada estudiosa da obra de Emilia Pardo Bazán

A primeira historia, titulada “El indulto”,  garda un estraño paralelismo, co que vos vou a contar agora. Os feitos aconteceron, á noitiña do 28 de xaneiro de 1934 , nun  lugar das Pontes de García Rodríguez. E quen protagonizou o suceso?  Un individuo, chamado Andrés Corral Cebreiro, e dúas mulleres, Filomena Carro Corral, a súa sogra e a súa  dona, de nome descoñecido. A orixe do conflicto era o desexo, que este individuo tiña, de que Filomena testase ao seu favor. Filomena era viúva dun pontés, que emigrou e prosperou na Cuba de principios de S.XX .  A súa negativa a acceder aos desexos do seu xenro, tivo como resultado, di a prensa, “altercados, riñas y escándalos sin fin”. Finalmente, Filomena prohíbe a Andrés a entrada na súa casa, “porque las maltrataba a ambas”. En definitiva, Andrés era “un home que non se portaba ben”.

 

Diario de La Marina. 24/02/1934

 

Conta a prensa, que “en la noche de anteayer, aprovechando que su suegra se hallaba en el corral de la casa, saltó una muralla que lo cierra, y sorprendiéndola le dió con una piedra en la cabeza, produciéndola la fractura de la lámina externa del cráneo y diversas contusiones. Forcejearon ambos y Andrés la arrojó al pozo de la casa, sito en el mismo corral, cerrando con llave la puerta de acceso al mismo y huyendo”.  A historia segue co rescate de Filomena, grazas á axuda da súa filla e a veciñanza, e a posterior detención e intento de fuga frustrada do agresor.

Filomena falece en agosto dese mesmo ano. E que ocorre co xuízo, celebrado na Audiencia de Ortigueira, un ano despois? Pois que Andrés foi absolto. Está claro que foi unha sentencia polémica. “Otra sentencia más que fue comentadísima”, di a crónica do xuízo de La Voz de Galicia. Éche ben certo, que pouco se podía esperar, dunha xustiza que, naqueles tempos, era administrada exclusivamente por homes.

 

 

 

O gran misterio é saber, que é o que pasou, cando Andrés saíu do cárcere.  Quizáis, o señor da casa volveu polos seus foros, igual que o protagonista de “El indulto”. Non se di nada, na crónica do xuízo, dos danos colaterais desta absolución. E nada, parece ter quedado na memoria da familia, xa que a violencia de xénero é un deses asuntos, dos que non se fala, por vergoña.

[ Do blog Bisagras de Papel ]

 

 

 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...