InicioCulturaO XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo arrinca coa obra 'A...

O XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo arrinca coa obra ‘A emperadora’

O auditorio Gustavo Freire acollerá este martes pases da obra escrita e dirixida por Carmen Conde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A compañía de teatro USC-Lugo abrirá este martes o XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo, coa estrea da peza ‘A emperadora’, unha obra escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.

A formación universitaria luguesa ofrecerá unha dobre sesión na xornada de apertura deste nova edición do festival de teatro organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e USC. Así, o elenco teatral que dirixe Conde presentará ás 12.00 horas, un primeiro pase desta obra dirixido ao público estudantil. A mesma compañía repetirá actuación no mesmo escenario ás 20.00 horas, na sesión inaugural do festival.

A programación do XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo, en cuxo cartel tamén figuran a Aula de Teatro Universitaria de Ourense ‘Maricastaña’, Teatro El Mayal, da Universidade de León, e a compañía de teatro USC-Santiago, continuará o mércores 14 de abril coa formación ourensá, dirixida por Fernando Dacosta, que presentará no ‘Gustavo Freire’ a obra ‘Imperator’. O grupo leonés Teatro El Mayal traerá a Lugo o 19 de abril ‘Sweet Jane’, unha produción dirixida por Javier R. De la Varga. Ao día seguinte, a compañía compostelá que dirixe Roberto Salgueiro pechará a quenda de representacións do Festival de Teatro Universitario coa obra ‘A casa da forza 2, 52 – 88’.

As representacións teatrais comezarán todas a partir das 20.00 horas e as persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa as entradas, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. As capacidades de cada función estarán determinadas pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse ata as 12.00 horas do día de cada función.

ÚLTIMAS

Chegan a Ribeira de Piquín 51 migrantes procedentes de África

Un total de 51 persoas migrantes procedentes de África, na súa maioría refuxiados de...

Visita á protectora de animais: a situación dos gatos, despois do brote de panleucopenia

Hai cousa dun mes e medio, a Sociedade Protectora de animais e plantas de Lugo tivo...

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...