InicioCulturaO lucense Diego AS xa está na final das Graffiti Battles da...

O lucense Diego AS xa está na final das Graffiti Battles da Liga Nacional

Dende o barrio da Piringalla ata unha final estatal: Diego Anido Seijas (Diego AS) loitará a próxima fin de semana por alzarse co título das Graffiti Battles da Liga Nacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha longa traxectoria para a súa curta idade (32 anos), variados premios en concursos e festivais, e sobre todo os centos de muros pintados en Lugo e no mundo, son os mellores avais de Diego Anido Seijas: un graffiteiro do barrio da Piringalla que a próxima fin de semana (3 e 4 de abril) loitará por alzarse coas Graffiti Battles da Liga Nacional de Graffiti.

No Lugo Xornal levámolo contando dende hai varias semanas: este mesmo sábado compartimos a súa pugna das semifinais, e agora todo Lugo viaxaremos con Diego AS nunha emocionante aventura que pode poñer á arte urbana da nosa cidade e da nosa provincia no ceo dos graffiteiros estatais.

Moita sorte, Diego! Sabede que para apoiar a este creativo lucense teredes que visitar a conta de Instagram da Liga Nacional @liganacionaldegraffiti o vindeiro domingo dende as 10h30 e sendo posible votar ata o luns á mesma hora. Unha carreira de 24 horas cun premio memorable.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...