Home Cultura Triángulo de Amor Bizarro pon a nota musical este mércores na cidade de Lugo

Triángulo de Amor Bizarro pon a nota musical este mércores na cidade de Lugo

0
Triángulo de Amor Bizarro pon a nota musical este mércores na cidade de Lugo
O grupo Triángulo de Amor Bizarro | LX

O grupo de música galego Triángulo de Amor Bizarro presenta este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo. o seu último traballo. Será no marco do programa Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

O quinto álbum de Triángulo de Amor Bizarro, “o primeiro disco de pop contemporáneo da formación”, tal e como o definen os membros do grupo, é un traballo musical no que os integrantes desta formación intentan transmitir as súas emocións actuais, transformadas e distorsionadas a través da tecnoloxía.

O último disco de Triángulo de Amor Bizarro, un dos grupos da escena indepedendente iberoamericana máis respectados e reivindicados na última década, é unha nova produción de Carlos Fernández na que se recollen todas as virtudes dunha formación que aspira a comezar un novo camiño a partir deste álbum.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here