InicioCulturaEscoita as cancións compostas por músicos lucenses sobre os 'Seis poemas galegos'...

Escoita as cancións compostas por músicos lucenses sobre os ‘Seis poemas galegos’ de Lorca

O 'Proxecto Lorca' homenaxea a primeira visita do autor granadino a Galicia, aló por 1916. As pezas xa están dispoñibles nas plataformas dixitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ‘Proxecto Lorca’ xa pariu as cancións que varios músicos e grupos lucenses crearon sobre a obra Seis poemas galegos, do escritor Federico García Lorca. As pezas xa están dispoñibles para a súa escoita en Youtube e Spotify.

A iniciativa, impulsada pola área de Cultura da Deputación e a área de Cultura da USC no Campus de Lugo, contou coa colaboración de Abrigueiro Estudio para a gravación e produción dos temas, que xa se estrearon o pasado mes de decembro nun concerto na Casa do Saber.

Así pois, Noelia Geada e David Taboada musicaron ‘Cantiga do neno da tenda’; o grupo Nebra puxo música a ‘Danza da lúa en Santiago’; a banda indie Infrarroja, a ‘Romaxe da Nosa Señora da Barca’; os músicos Quique Muruáis e Luis Monsalve compuxeron sobre ‘Noiturnio do adoescente morto’; mentres que o dúo Condensadores de Fluzo acompañaron os versos de ‘Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta’.

O repertorio complétase con ‘Chove en Santiago’, unha melodía de Carlos Díaz para  o poema ‘Madrigal á cibdá de Santiago’, composta xa en 2015 pero rexistrada agora por primeira vez para a súa difusión.

A vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro, explicou que con este proxecto prolóngase a lembranza da primeira visita realizada por Lorca a Galicia e “ponse en valor o traballo de creadores lucenses que asumiron o reto de poñer música por primeira vez a cinco das seis composicións” do poemario.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...