InicioCulturaA Rolda da Muralla vestirase cun gran mural

A Rolda da Muralla vestirase cun gran mural

O artista local Iago Eireos realizará un mural na fachada do número 145 da Ronda

PUBLICADA O

A muralla de Lugo locirá un gran mural. Será realizado dentro do festival de arte urbano Culturbán impulsado pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O artista local Iago Eireos encargarase nesta nova fase do proxecto de realizar un mural á altura do número 145 da Ronda da Muralla, no cruce coa rúa Poeta Noriega Varela. “Con este proxecto buscamos conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, mellorando a imaxe da cidade con accións en distintos puntos”, explicou o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo
O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. “Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “trátase dunha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería”.
Por outra banda, Arroxo lembrou que se pode visitar no MIHL a exposición Combate mural: muller, igualdade e empoderamento até o 11 de febreiro. A exposición conta con todos os murais realizados no combate mural que deu comezo ao Culturban o pasado 31 de outubro.
+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...