InicioCulturaUnha andaina honrará a Fuco Gómez, o ancarés que defendía Galicia na...

Unha andaina honrará a Fuco Gómez, o ancarés que defendía Galicia na diáspora

Patrimonio dos Ancares e Rente ao Couce queren rachar co "descoñecemento" que existe arredor deste xornalista e político de Becerreá no 125º aniversario do seu nacemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Patrimonio dos Ancares e a asociación cultural Rente ao Couce organizan un roteiro na honra de Fuco Gómez (1895-1972) polo 125º aniversario do seu nacemento. Este xornalista, escritor e político galego naceu en Ouselle (Becerreá) e axiña emigrou a Cuba, dende onde loitou para defender a lingua e cultura galega. A andaina está prevista para o vindeiro domingo 27 de decembro, con saída ás 11:00 da igrexa de Ouselle.

O ancarés abrazou ideas arredistas, tal como lembran as entidades convocantes. Tanto é así que foi el quen fundou o Comité Revolucionario Arredista Galego (CRAG) no 1921 na Habana. Fuco Gómez foi autor de ata cincuenta obras literarias e ensaísticas, “activista incansable por Galicia e os seus dereitos”. Mantivo durante dúas décadas a revista Patria Galega.

Á parte da súa loita independentista, del tamén destacan o labor por dinamizar o asociacionismo becerrense dende a outra beira do Atlántico. “Na nosa comarca a súa figura é unha completa descoñecida”, lamentan dende Rente ao Couce. “Por iso iniciamos con este roteiro a recuperación da súa memoria”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...