InicioCulturaOliver Laxe e a Deputación firman o convenio para a reconstrución da...

Oliver Laxe e a Deputación firman o convenio para a reconstrución da Casa Quindós

O director de 'O que arde' rehabilitará esta antiga vivenda familiar, situada en Vilela (Navia de Suarna), para que acolla as actividades desenvolvidas ao abeiro da Asociación Ser.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Deputación de Lugo e o cineasta Oliver Laxe firmaron esta mañá o convenio de colaboración para construír a sede da Asociación Ser, promovida polo director de ‘O que arde’ para impulsar actividades socioculturais e accións de desenvolvemento rural na comarca dos Ancares.

A través dese convenio, a Deputación de Lugo achegará 36.000 euros para a reconstrución dunha antiga casa tradicional nun edificio de baixo consumo enerxético na aldea de Vilela, no municipio de Navia de Suarna.

Segundo informou o goberno provincial, a Casa Quindós “será o primeiro inmoble privado de uso público construído en Galicia baixo o estándar Passivhaus”, que garante “o benestar e o confort térmico, fornecendo enerxía para a calefacción ou para a refrixeración só a través do aire de ventilación”, cun aforro enerxético que pode chegar ao 90% en relación co gasto dunha vivenda convencional.

O centro que albergará a sede da Asociación Ser é unha antiga casa familiar ligada a unha explotación agropecuaria e forestal, “típica das montañas lucenses”, situada na aldea abandonada de Vilela, que será rehabilitada.  Dispón de 350 metros cadrados repartidos en dúas plantas e foi edificada a finais dos anos 70 sobre os restos dunha antiga palloza.

A Casa Quindós de Vilela será un “punto de encontro” para desenvolver iniciativas vinculadas aos sectores agrogandeiro, turístico, sociocomunitario, cultural e ambiental nos Ancares, así como para xerar “proxectos empresariais”, que contribúan a asentar poboación no rural.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...