InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaNa procura da suíza que hai 40 anos revolucionou a música popular...

Na procura da suíza que hai 40 anos revolucionou a música popular galega

Dorothé Schubart fixo recollidas de música popular no Courel, Pol ou A Fonsagrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dorothé Schubart foi unha musicóloga e compositora suíza que desenvolveu, dende a súa cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna, unha intensa tarefa de pescuda da música popular europea. En 1978 chegou a Galicia durante as súas vacacións, coa intención de coñecer a súa música popular. A que ía ser unha breve estadía de descanso, deveu en anos de pescudas, viaxes, entrevistas, moitas delas na provincia de Lugo, con informantes e centos de gravacións perfectamente conservadas que se poden encontrar no Museo do Pobo Galego.

En 1984, despois dun intenso traballo de recollida, da análise, clasificación e estudo dese material, foi publicado o Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, unha edición patrocinada pola Fundación Barrié coa autoría de Dorothé Schubart en Antón Santamarina. Hoxe en día, esta obra tan consolidada, é considerada a biblia da lírica de tradición oral galega, o máis amplo repertorio musical da lingua da nosa terra.

Hai dous anos, en 2018, Alejandro Gándara e Olaia Tubío escoitaron este relato por boca de Richi Casás, un saxofonista neto dunha das mulleres que lle cantou a Dorothé para axudala na seu traballo de campo. Gustoulles tanto o tema que quixeron seguir os pasos que seguiu Dorothé hai 40 anos é o resultado de todo isto foi o documental “Dorothé na vila“.

Olaia e Alejandro botaron case dous anos recorrendo Galicia buscando ás persoas as que Dorothé gravara. O proxecto levounos ao Courel, Pol, A Fonsagrada, Muxía, Tordoia, Cerceda, Carnota e un longo etc. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

  Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón...