InicioCulturaDani de la Torre volve escoller Lugo para rodar o seu novo...

Dani de la Torre volve escoller Lugo para rodar o seu novo filme

A rodaxe de 'Live is life' arrincará en agosto para contar a historia de cinco mozos dos 80 que queren cumprir os seus soños nunha noite de San Xoán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cineasta monfortino Dani de la Torre arrincará en agosto a rodaxe da película ‘Live is life’, un proxecto que suporá a súa volta á gran pantalla tras a estrea da serie ‘La unidad’. O director non se esquece de Lugo e nesta longametraxe volve escoller diferentes localizacións da provincia para gravar.

Repite a experiencia que xa probara con ‘La sombra de la ley’ na capital luguesa e agora viaxará a distintos puntos para esta nova película que anda a debullar. Entre os destinos, tamén estará Monforte de Lemos, o seu concello natal.

Nesta ocasión, o filme conta co guión de Albert Espinosa e conta a historia de cinco mozos de mediados dos 80 que tentan cumprir os seus soños nunha noite de San Xoán nunha aldea galega.  “Cando recibín o guión de ‘Live is life’, volvín ver o neno que fun, volvín sentir o sol dunha tarde dos oitenta, pedaleando na bici cos meus amigos. Volvín lembrar esas tardes interminables de aventuras, onde o único que importaba era espremer cada segundo antes de volver a casa”, sinalou Dani de la Torre.

En palabras de Espinosa, esta película “é un canto á vida e á felicidade” e céntrase na experiencia duns adolescentes que “aínda cren nos soños” e que emprenden unha “aventura” para “salvar o que é máis importante con 15 anos”. “Facía anos que quería escribir unha película familiar que tocase moitos corazóns e que te levase inmediatamente á nenez e á adolescencia. Contar con Dani de la Torre é un soño porque é como atopar unha alma xemelga que dará ás a este guión”, dixo o guionista.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...