InicioCulturaUn concurso de decoración do Arde Lucus para manter vivo o espírito...

Un concurso de decoración do Arde Lucus para manter vivo o espírito da festa

Xanelas, balcóns e fachadas poderán adornarse en base á temática desta celebración castrexo-romana, que este ano fica suspendida por mor do coronavirus. Haberá premios económicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pandemia do coronavirus obrigou a suspender a edición do Arde Lucus 2020, pero iso non significa que a cidade teña que quedar allea ao espírito desta festa. Por iso, o Concello de Lugo convocou un concurso de decoración de balcóns, xanelas e fachadas coa temática do Arde Lucus. Contémplanse tres premios económicos para a categoría de vivendas e outro para as comunidades de veciños.

O alcance deste certame, explicou o goberno local, será toda a cidade de Lugo e o tema a desenvolver virará única e exclusivamente ao redor do ambiente do Arde Lucus. As decoracións deberán estar visibles desde a vía pública entre o 18 e o 28 de xuño, ambos incluídos. Non poderán participar aqueles balcóns, xanelas ou fachadas de edificios públicos ou oficiais, nin tampouco os dos establecementos comerciais ou hostaleiros.

O concurso establece tres premios para vivendas: un primeiro galardón dotado con 1.000 euros; un segundo premio, con 500; e un terceiro, para o que irán 300 euros. En canto ás comunidades de veciños, haberá un único premio de 600 euros.

PRAZO E REQUISITOS

O prazo para solicitar a participación neste certame será ata o 12 de xuño, a través dun correo á dirección electrónica xuventude@lugo.gal. No asunto de dita mensaxe deberase indicar o nome do concurso e, no corpo do texto,o  nome, apelidos e DNI da persoa participante, xunto á dirección do balcón/xanela/fachada a decorar e un teléfono de contacto. A inscrición é gratuíta.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...