InicioTerra CháCastro de ReiAs bibliotecas e museos da Xunta en Lugo xa abren este luns...

As bibliotecas e museos da Xunta en Lugo xa abren este luns a pesar do confinamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

As bibliotecas, museos e arquivos xestionados pola Xunta de Galicia reabrirán as súas portas a partir desta semana e irán recuperando a atención presencial de forma progresiva.

Farano a través de “un protocolo específico que establece pautas e medidas de protección e hixiene co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria para traballadores e usuarios”, segundo explicou a Consellería de Cultura e Turismo este domingo nun comunicado.

As bibliotecas serán as primeiras en reiniciar a súa actividade a partir deste luns. Esta reapertura afecta á Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura; á Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, á Biblioteca de Lugo, á de Ourense, á Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra, á Biblioteca Ánxel Casal de Santiago e á Biblioteca Juan Compañel de Vigo.

Establecéronse tres fases de recuperación da actividade. Na primeira reactivaranse os servizos que están relacionados co préstamo e devolución de materiais e a lectura en sala. O préstamo farase baixo demanda e sen acceso directo aos fondos. Despois, os recursos devoltos terán que pasar unha corentena de 14 días antes de volver estar a disposición da cidadanía.

MUSEOS

Os museos, pola súa banda, abrirán a partir do martes cun terzo do seu aforamento e sen visitas en grupos. Esta medida afecta o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo Massó de Bueu, o Museo Arqueolóxico de Ourense, o Museo do Castro de Viladonga, o Museo Etnolóxico de Ribadavia e o Museo do Viño, o Museo do Mar de Galicia, en Vigo; casa Museo Camilo José Cela, o Museo Centro Gaiás e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Todos eles priorizarán a venda de entradas de forma telemática, o público non poderá tocar ningún dos elementos das exposicións e as visitas permitiranse en unidades familiares ou de convivencia e de forma individual. Non haberá material de consulta libre e toda a documentación á que accedan os investigadores gardará unha corentena de dez días.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...