InicioCulturaFotografías para revelar unha mirada feminina e crítica sobre a comarca da...

Fotografías para revelar unha mirada feminina e crítica sobre a comarca da Ulloa

Patricia Coucheiro coordina un certame dirixido a mulleres relacionadas coa bisbarra, no que se buscan imaxes que aporten unha perspectiva pedagóxica, histórica, territorial ou social da zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) convoca un certame de Fotografía dirixido a mulleres vencelladas á comarca da Ulloa. As Propostas Fotográficas deben partir dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa bisbarra.

Nesta primeira fase do concurso, non se piden as imaxes finais, senón a descrición do proxecto fotográfico que se realizaría. Faríase unha selección entre todos os traballos propostos co fin de organizar unha exposición colectiva nun espazo cultural de Lugo. Editarase, así mesmo, un libreto informativo que contextualice cada unha das propostas no seu marco de referencia para dar cabida ás reflexións das autoras, dende a perspectiva social, histórica, pedagóxica ou territorial.

As persoas interesadas en participar poderán escribir a audiovisuais.ieu@gmail.com para recibir máis información e o formulario da inscrición. O prazo para entregar as ideas rematará o vindeiro 14 de xuño.

O proxecto está coordinado pola fotógrafa ulloana Patricia Coucheiro, profesora de filosofía no ensino secundario público, licenciada en Comunicación Audiovisual (Especialidade Guión e dirección cinematográfica) pola Universidade de Santiago e mestrada en Arte Contemporánea (Creación e investigación) pola Universidade de Vigo. Actualmente, está cursando o mestrado en Antropoloxía na UNED.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...