InicioCulturaUnha reportaxe ilustrada por un artista con raíces en Meira gaña un...

Unha reportaxe ilustrada por un artista con raíces en Meira gaña un Premio Pulitzer

Denís Galocha, que forma parte de Twee Muizen, ilustrou unha peza de Propublica sobre a Sétima Frota da Mariña estadounidense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha reportaxe interactiva e de investigación publicada pola axencia Propublica gañou un dos prestixiosos Premios Pulitzer. Na súa elaboración, participaron dous galegos: o deseñador Xaquín González Veira e o ilustrador Denís Galocha, con raíces en Meira.

Christian Miller, Megan Rose e Robert Faturechi son os xornalistas autores desta peza que afonda na historia da Sétima frota da Mariña dos Estados Unidos tras varios accidentes mortais no Pacífico.

Galocha, o encargado de ilustrar a reportaxe, forma parte de Twee Muizen, un proxecto artístico co que realizan murais en edificios, entre outras obras.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...