InicioCulturaDios Ke Te Crew estrea un videoclip rodado na Fonsagrada e en...

Dios Ke Te Crew estrea un videoclip rodado na Fonsagrada e en Negueira de Muñiz

"Seguro que vés a esta aldea e xa non volves á cidade", cantan estes rapeiros en 'Reinicio', cuxo vídeo foi dirixido polo realizador fonsagradino Xaime Miranda. Todo o recadado polo tema será doado á Rede de Plataformas Compostela Ulla-Tambre.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo de rap galego Dios Ke Te Crew vén de publicar o novo videoclip do seu tema ‘Reinicio’, no que reivindican o modo de vida do rural. A peza foi dirixida por Xaime Miranda, recoñecido realizador nado na Fonsagrada. Se cadra iso tivo algo que ver á hora de escoller as localizacións da peza, gravada parcialmente no concello fonsagradino e en Negueira de Muñiz.

A carón da lareira ou baixo dos butelos colgados do teito, os Dios Ke Te Crew cantan: “Seguro que vés a esta aldea e xa non volves á cidade / aquí somos unha comunidade de verdade”. E repiten, unha e outra vez, que “hai que dar un paso adiante para avanzar un pa’tras”.

COLABORAN CON COLECTIVOS ECOLOXISTAS

Ademais, este vídeo foi elaborado con fins solidarios. Todo o recadado pola canción en Youtube ou nas distintas plataformas de streaming (Spotify, iTunes, Deezer, Google Music, Amazon…) será doado á plataforma cidadá Rede Compostela Ulla-Tambre, da que forman parte varios colectivos e asociacións activistas: Salvemos a Comarca de Ordes, Asociación Vertedoiro Lesta Non, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, Mina Touro-O Pino Non, Salvemos as fragas de Catasós, Plataforma pola Recuperación do Sar, Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes, e a Plataforma Afectados Destilería Rois.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...