InicioSociedadeContigo 100MIL. Empadróate... A nova campaña do Goberno de Lugo nos concertos...

Contigo 100MIL. Empadróate… A nova campaña do Goberno de Lugo nos concertos do San Froilán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O novo goberno local de Lugo ten coma un dos seus principais obxectivos chegar aos 100.000 habitantes. Un reto que non só é númerico, senón que lle reportaría importantes incentivos económicos á cidade. Por iso, entre as iniciativas deseñadas polo concello destaca a decisión de levar esa campaña para animar aos residentes que aínda non están empadroados a inscribirse oficialmente aos grandes concertos do programa oficial das patronais de San Froilán.

De feito, antes do inicio dos concertos, nas dúas grandes pantallas situadas a ambos os dous lados do escenario, as que se utilizan para proxectar as imaxes das actuacións, pásase a mensaxe “Contigo 100MIL. Empadróate”.

Este xoves xa se proxectou esa mensaxe antes do concerto que ofreceron Javier Gurruchaga e outros mitos de música pop-rock dos anos 80, e este venres volverá suceder antes doutro dos concertos multitudinarios do San Froilán, o que ofrecerá a partir das 22:00 horas o cantante Don Patricio na Praza Horta do Seminario.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, acompañado polos demais membros nacionalistas do goberno bipartito anunciou hai algunhas semanas a posta en marcha desta campaña para incentivar o empadroamento, co obxectivo de chegar aos 100.000 habitantes, unha cifra que lle permitiría á cidade acceder a maiores ingresos por parte do Estado.

En declaracións aos medios de comunicación, Rubén Arroxo, lembrou que actualmente “Lugo está no seu máximo histórico de poboación”, dado que se atopa a “só 600 persoas de chegar aos 100.000 habitantes”.

Nesa campaña implicáronse as áreas de Cultura, dado que desde a Concellería de Educación traballarase a través das escolas infantís e gardarías; Participación, que buscará a implicación dos usuarios do mercado municipal; e Mobilidade, que se encargará de informar os usuarios do transporte público municipal.

Superar a barreira dos 100.000 habitantes implicaría un maior investimento do Estado e da Xunta de Galicia, ademais de aumentar o atractivo para captar certos eventos que xeran un importante retorno económico”, dixo o tenente de alcalde

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...