InicioCulturaA obra de Rosalía soará nas voces de 22 poetas este venres...

A obra de Rosalía soará nas voces de 22 poetas este venres en Lugo

A cantautora Paloma Suanzes encargarase do acompañamento musical do acto, que se inclúe na programación cultural do Mes de Rosalía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os versos de Rosalía de Castro soarán da boca dunha vintena de poetas este venres na capital lucense. A Deputación acollerá o acto ‘Día de Rosalía: entre versos e adagios’, unha das actividades incluídas na programación cultural do Mes de Rosalía co gallo do aniversario do nacemento da autora.

A partir das 20:00 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a homenaxe correrá a cargo de Xosé Otero, Marica Campo, Tareixa Campo, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, José Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar. Elas e eles recitarán poemas e textos de Rosalía de Castro, ademais doutros de autoría propia relacionados con temáticas presentes na obra rosaliana.

Asemade, a cantautora Paloma Suanzes encargarase do acompañamento musical do acto, que dirixirá Montserrat González, responsable do Servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...