InicioCulturaXavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo gañan o 'Xermade na Historia'

Xavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo gañan o ‘Xermade na Historia’

O Concello e os veciños de Cabreiros impulsaron a cuarta edición do certame, dotado con 2.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Xermade e a asociación de veciños de Cabreiros, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixeron público o fallo da cuarta edición do premio ‘Xermade na Historia’. O galardón, dotado con 2.000 euros, recaeu en Xavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo, autores da obra‘Xermade na Prehistoria. A paisaxe arqueolóxica no paleolítico, megalitismo e calcolítico’.

María José Rodríguez García, que presentou ao concurso ‘Patrimonio artístico-relixioso do Concello de Xermade: igrexas, capelas e ermidas’, obtivo o segundo premio, valorado en 1.000 euros.

O xurado estivo formado polo presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, natural de Cazás; polo escritor e técnico do Museo Provincial de Lugo Antonio Reigosa; por Manuel Souto, presidente da Asociación de Estudos Históricos e Sociais HUME deAs Pontes, e polo alcalde, Roberto García Pernas.

 

UN TRABALLO “COMPLETO E DIDÁCTICO”

Os expertos do xurado valoraron a investigación gañadora como “un traballo completo e de doada lectura”, que ten un ton “didáctico”. Os premiados recibirán os seus galardóns durante a celebración da décimo cuarta edición das Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...