InicioCulturaTeatro infantil para reflexionar: as nenas e nenos poden (e deben) aburrirse

Teatro infantil para reflexionar: as nenas e nenos poden (e deben) aburrirse

O auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle a obra 'Patapatúm', unha representación de Elefante Elegante que se alzou co Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil do 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A obra de teatro ‘Patapatúm, premio María Casares ao mellor espectáculo infantil do 2019, chega esta fin de semana ao auditorio Gustavo Freire de Lugo. É unha representación de Elefante Elegante na que se reflexiona sobre ese costume de encher o tempo dos nenos con xoguetes e bens materiais.

O espectáculo, previsto para este domingo 12 de xaneiro ás 18:30 horas, é unha obra de teatro mudo no que cobran moita relevancia os xestos e maila música. Así, Elefante Elegante faranos pensar se realmente é positivo querer manter os cativos entretidos todo o tempo. O aburrimento, se cadra, tamén pode ser clave para que desenvolvan a súa creatividade. Eses obxectos e agasallos funcionan como xogo ou como resposta á falta de tempo que teñen os pais para dedicarlle aos seus fillos? Esas e outras cuestións virán á cabeza ao longo desta obra familiar, sostida nun ton cómico.

As entradas para ver ‘Patapatúm’ pódense conseguir na páxina que o Concello habilita para tal mester, na Oficina de Turismo ou no propio Auditorio Gustavo Freire. O seu prezo é de tres euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...