InicioCulturaO Concello fará unha revisión dentro do auditorio Gutavo Freire tras o...

O Concello fará unha revisión dentro do auditorio Gutavo Freire tras o accidente dunha actriz

A concelleira responsable de Cultura en Lugo agradeceu a "inmediata e eficaz" resposta do persoal do auditorio e dos servizos de emerxencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo defendeu este luns que o auditorio Gustavo Freire “cumpre con todos os requisitos de seguridade esixidos”, pero vai facer unha revisión “por se houbese que actualizar algún elemento” tras a caída dunha actriz este domingo. Así o informou a edil responsable de Cultura, Maite Ferreiro, en relación á caída sufrida na noite deste domingo por unha actriz ao termo dunha representación teatral.

A actriz, integrante do grupo teatral Tiruleque do Carballiño (Ourense), participaba na mostra de teatro Amador organizada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e sufriu unha caída desde o escenario cara á zona de butacas despois de terminar a actuación.

En concreto, a actriz afectada retiraba elementos escénicos xunto ao resto de compoñentes da compañía teatral cando sucederon os feitos. A concelleira responsable de Cultura en Lugo agradeceu a “inmediata e eficaz” resposta do persoal do auditorio e dos servizos de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...