InicioCulturaO Caudal Fest agarda atraer a Lugo a 60.000 persoas

O Caudal Fest agarda atraer a Lugo a 60.000 persoas

Está prevista a actuación dun dos principais alicientes do cartel deste ano, os navarros Marea, a xa mítica banda formada en 1997 por Kutxi Romero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A segunda edición do Caudal Fest, “o último gran festival do verán” en Galicia, celébrase este fin de semana en Lugo e conta con superar as 30.000 persoas de asistencia ao día.

Cos horarios xa pechados, este venres 20 para as 20,50 horas está prevista a actuación dun dos principais alicientes do cartel deste ano, os navarros Marea, a xa mítica banda formada en 1997 por Kutxi Romero.

Pero ese día subiranse ao escenario outros dos dous grupos que prometen fornecer unha boa dose de festa e polos que existe unha alta expectación por parte do público: El Adhesivo, ás 19,15 horas; e LA M.O.D.A., ás 20,50 horas.

Xa o sábado, a xornada virá morcada por tres nomees, os de Xoel López (20,25 horas), Beret (22,05) e Izal (23,45 horas).

Para os máis alternativos, chaman a atención a participación dos lugueses Holywater (a súa quenda será temperán, ás 18,50 horas do sábado) e unha das bandas do momento, Carolina Durante, quen se deron a coñecer co seu himno dedicado aos ‘cayetanos’ (2,00 horas).

Entre a representación galega destaca a ourensá Marem Ladson, que encabeza unha das propostas de americana máis interesantes da Península e que chega despois de telonear a artistas como Cat Power (20,10 horas do venres) e Ortiga, que porá a bailar a todo o mundo a partir das 19,35 horas do sábado.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...