InicioCulturaConcertos e actuacións de Don Patricio, NAVE e Ray Gelato & the...

Concertos e actuacións de Don Patricio, NAVE e Ray Gelato & the Giants para o San Froilán

Ademais, organizaranse 16 concertos noutros emprazamentos e haberá catro espectáculos de bandas, así como de charangas e animacións de rúa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

As festas de San Froilán , que se celebrarán do catro ao 12 de outubro, incluíron no seu programa de concertos actuacións de Don Patricio, NAVE e Ray Gelato & the Giants. Son as últimas confirmacións dun cartel que conta con 50 actuacións musicais.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que todos os concertos “abarcarán un amplo espectro de estilos dirixidos ás diferentes franxas de idade”, e tamén “adaptados a distintas tendencias e gustos musicais”.

Así mesmo, Ferreiro informou que Don Patricio, rapero canario con letras para público xuvenil, actuará o 11 de outubro na Praza do Seminario. O artista é coñecido por publicar os seus temas en Youtube e polas súas colaboracións con Juancho Marqués ou Lola Bunny.

A galegos NAVE tocarán o 10 de outubro na Praza de Santa María, unha actuación dentro da súa xira de despedida. Foron galardoados co premio Martín Códax de música galega na categoría de metal. Destacan, explicou o goberno local, por un “forte compromiso social”.

Tamén sinalou que a banda de jazz clásico Ray Gelato & the Giants actuará o 7 de outubro na Praza de Santa María. O grupo ten varios números uno e os integrantes “son admirados por soados músicos como Paul McCartney ou Bryan Adams”.

MÁIS ACTUACIÓNS

A cantante galega Sés, o exlíder de Sinistro Total Miguel Costas, así como o fundador da Orquestra Mondragón Javier Gurruchaga, serán algúns dos artistas que conformarán a programación das festas do San Froilán de Lugo.

Diso informou este venres a edil de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, tras a reunión da comisión de festas con motivo do San Froilán 2019, festexos durante o que haberá 49 concertos na cidade.

A concelleira destacou que na Horta do Seminario haberá un total de seis grandes actuacións, ás que se sumarán outras 27 na Praza de Santa María. Ademais, organizaranse 16 concertos noutros emprazamentos e haberá catro espectáculos de bandas, así como de charangas e animacións de rúa.

Entre os artistas anunciados para a Praza do Seminario, a edil destacou as actuacións de Javier Gurruchaga e Miguel Costas na Praza do Seminario, onde Sés será a encargada de abrir as festas o día 4 de outubro.

Ademais, destacou que o grupo Mastodonte, liderado polo actor Asier Etxeandia, e as galegas Tanxugueira ofrecerán senllas actuacións na Praza do Seminario.

PREGÓN E OFRENDA A ROSALÍA

Maite Ferreiro anunciou tamén que a comisión de festas nomeou aos Pelúdez como pregoeiros e a María Reimóndez como oferente a Rosalía.

Os Pelúdez xa son un símbolo tanto das festas como de Lugo, e este ano quixemos que fosen eles os encargados de dar inicio ao San Froilán”, apuntou para destacar que a escritora lucense María Reimóndez será a encargada da ofrende a Rosalía de Castro que terá lugar o 6 de outubro.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...