InicioEconomíaO importe final para promocionar o Caudal Fest: 270.000 euros

O importe final para promocionar o Caudal Fest: 270.000 euros

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a contratación do patrocinio publicitario para este festival, que consideran un referente en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a contratación con 270.000 euros do patrocinio publicitario do Caudal Fest, o festival musical que se celebra onda o Miño o 20 e 21 de setembro.

O importe do mesmo ascende a 270.000 euros e permitirá promocionar a marca do municipio de Lugo no ámbito provincial, galego e estatal e internacional. Por parte do Concello aseguraron que o importe “se basea no informe xustificativo da rendibilidade do plan de medios do Caudal Fest, elaborado por unha empresa externa”.

A obxectivo da área de Desenvolvemento Local céntrase en “impulsar a dinamización cultural e económica do municipio despois de que na primeira edición do evento achegase un retorno de máis de tres millóns de euros para a cidade, cunha ocupación hoteleira do 100% e do 90% nas localidades lindeiras”. 

As estimacións para este ano son boas, posto que xa se venderon máis do 80% das entradas. Ademais, o portavoz socialista do goberno local, Miguel Fernández, destacou que se trata dun evento e un escaparate que pon a Lugo “como marca a nivel estatal e internacional”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...