InicioCulturaO Arde Lucus 2020 será un pouco máis tardío: celebrarase do 25...

O Arde Lucus 2020 será un pouco máis tardío: celebrarase do 25 ao 28 de xuño

O cambio de datas "depende do Corpus" e foi unha decisión tomada con distintos organizadores, explica o Concello, que mantén o obxectivo de converter esta festa nun referente internacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cohesión do Concello de Lugo, Ana González Abelleira, anunciou este mércores que a celebración do Arde Lucus trasládase o vindeiro ano ao período entre o 25 ao 28 de xuño. Así, indicou que arrincará o xoves 25 coa entrada de tropas pola ponte romana e concluirá catro días despois, á espera de que se complete o programa.

“Seguimos coa intención de seguir potenciando o carácter histórico, con ese obxectivo de optar a un recoñecemento internacional (Festa de Interese Internacional). Facémolo con toda a responsabilidade, o compromiso e dedicación que merece despois de 18 anos con esta festa e que esperemos que siga tendo o mesmo éxito”, destacou González Abelleira, tras a xunta de goberno. Deste xeito, perseguirase que o Arde Lucus “sexa máis coñecido non só a nivel autonómico” e nacional, senón tamén internacional.

En canto ao cambio de datas —este ano celebrouse do 13 ao 16 de xuño—, a concelleira xustificouno porque “depende do Corpus”, que no 2020 cadra no medio de xuño. “Falando con distintos organizadores do Arde Lucus, consideramos que é preferible facelo o último fin de semana de xuño”, aclarou.

SAN FROILÁN

Por outra banda, o tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo que exerce estes días como rexedor en funcións, informou de que na xunta de goberno se “aprobou a prórroga para a edición e distribución tanto do programa do San Froilán como da cartelaría”. Así, prevén editar 40.000 carteis e 55.000 programas”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...