InicioComarca de MeiraRibeira de PiquínChegan a Ribeira de Piquín 51 migrantes procedentes de África

Chegan a Ribeira de Piquín 51 migrantes procedentes de África

Ademais de Santiago de Compostela, ao longo deste verán, as localidades lucenses de Monterroso e Becerreá recibiron a persoas migrantes procedentes do continente africano que chegaron a España polas Illas Canarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 51 persoas migrantes procedentes de África, na súa maioría refuxiados de Mali, chegaron na tarde deste luns ao municipio lucense de Ribeira de Piquín. Tras arribar na localidade en autobús, foron recibidos por persoal da ONG Rescate nas inmediacións do hotel miradoiro de Barcia, situado neste municipio lucense. En concreto, o vehículo cos 51 migrantes chegou sobre as 5.30 horas a este concello de algo máis duns 500 habitantes, o segundo máis pequeno da provincia.

Ademais de Santiago de Compostela, ao longo deste verán, as localidades lucenses de Monterroso e Becerreá recibiron a persoas migrantes procedentes do continente africano que chegaron a España polas Illas Canarias. Todo iso no marco do programa de traslados a centros situados por todo o territorio nacional posto en marcha polo Goberno para evitar a saturación nas costas españolas. Ademais, está prevista a chegada doutras 70 persoas ao concello de Sanxenxo a mediados de setembro.

ÚLTIMAS

O vindeiro pleno provincial aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que sobe a 22 millóns

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este martes que o pleno...

Ferido un conductor tras un choque entre o seu vehículo e un camión en Guntín

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este martes tras chocar o vehículo no que...

O viaduto do Castro na A-6 estará operativo desde o 30 de decembro

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou este luns que o...