InicioEconomíaA Xunta asegura o abastecemento de auga no núcleo de Ouviaña

A Xunta asegura o abastecemento de auga no núcleo de Ouviaña

O núcleo, ao pé da Pena de Ouviaña e a 4 quilómetros de Chao do Pousadoiro, contará cun novo sistema de subministro de auga para domicilios e explotacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Ribeira de Piquín recibirá unha achega da Xunta de Galicia de 41.000 euros para asegurar o subministro de auga do núcleo de Ouviaña. O proxecto contempla a instalación dun novo sistema de abastecemento e prevé a construcción dun depósito de 70 metros cúbicos.

A nova infraestrutura de almacenamento e condución substituirá á vetusta rede de traídas individuais, conectadas na actualidade a un depósito común que non cobre as necesidades do lugar. En Ouviaña hai 15 vivendas e 4 explotacións gandeiras.

Así, levarase unha acometida a cada un dos domicilios, ao tempo que serán dispostas dúas arquetas para a captación de auga –a existente atópase en mal estado–, e tres bocas de rego.

A totalidade do orzamento da intervención en Ouviaña sae do goberno galego, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Ribeira de Piquín, eminentemente rural e cunha poboación moi dispersa, ten a cerna da súa economía no agro e na gandería.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...